Atopan en bo estado a muller de Ourense que levaba desaparecida desde o sábado
A mulller, de 82 anos, foi trasladada a CHUO
María Fernández Soto, a veciña de Ourense de 82 anos que levaba desaparecida desde o sábado pasado, foi localizada este luns á mañá en bo estado.
O 112 Galicia confirmou que fora localizada e que presentaba feridas leves, polo que foi trasladada ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) para ser atendida.
🔴 #AXEGAInforma que foi atopada con vida a octoxenaria desaparecida en #Ourense no último sábado.
— 112Galicia (@112Galicia) June 26, 2023
Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia logo de encontrar á muller, desorientada, á altura do p.q. 233 da OU-525. Presentaba feridas leves, polo que foi evacuada en ambulancia pic.twitter.com/rbE9lzHZSN
A muller, viúva, saíra da casa no barrio da Carballeira contra as dúas da tarde do sábado e desde aquela non soubo máis dela.
Este luns contra as dez da mañá, unha condutora circulaba pola estrada N-525, preto do polígono de Barreiros, cando se decatou da presenza dunha muller de avanzada idade que camiñaba pola zona.
Non era quen de dicir nin como se chamaba nin que lle acontecera, por iso a condutora decidiu alertar o 112 mentres agardaba con ela.