Cargando resultados...
Os drons participan na busca dunha octoxenaria desaparecida en Ourense
Axentes da Policaí Local, da Nacional, efectivos de Protección Civil e os drons de Axega colaboran na busca da muller desaparecida o sábado

G24.gal
25/06/2023 22:01
O equipo de drons de Axega participa nos traballos de busca dunha octoxenaria desaparecida o sábado en Ourense.
Trátase de María Fernández Soto, unha viúva que saíu da casa no barrio da Carballeira contra as dúas da tarde do sábado e non se soubo máis dela. Desde o operativo coordinado pola Policía Nacional solicitaron a colaboración do Grupo de Apoio Loxístico de Axega con drons para tratar de dar coa muller canto antes.
Desde SOS Desaparecidos difundiron os datos de María Fernández e proporcionan os teléfonos de contacto. A muller ten 82 anos, mide 1,52, complexión atlética pelo cano e ollos castaños.