Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Osasuna resiste e chega á final de Copa cun gol no treito final da prórroga

O Osasuna resiste e chega á final de Copa cun gol no treito final da prórroga

Iñaki Williams adiantou a un Athlétic que gozou de claras ocasións para remontar

Pablo Ibáñez marca un gol no 116 que xa forma parte da historia osasunista

G24.gal 04/04/2023 23:07 Última actualización 04/04/2023 23:43

O Osasuna xogará a final da Copa do Rei por segunda vez na historia. Logrou un agónico empate en San Mamés (1-1) diante dun Athlétic que mereceu máis. O partido chegou á prórroga e no minuto 116 Pablo Ibáñez meteu o seu equipo no partido da Cartuja. 

Levou a iniciativa desde o comezo o Athlétic poñendo en problemas a portería de Sergio Herrera. Á media hora unha cabezada de De Marcou obrigou ao porteiro a facer unha gran intervención pero no córner posterior Iñaki Williams acertou cun remate de cabeza que acabou na rede. 

Xusto antes do descanso o propio Iñaki repetía, mais o gol era anulado por fóra de xogo. No segundo tempo o perigo seguiuno levando un Williams, desta volta Nico. Súas foron as grandes ocasións (minutos 70 e 86) para evitar a prórroga pero o irmán pequeno non estivo tan atinado. 

A prórroga seguiu polo mesmo camiño, co Athlétic dominando e gozando dalgunha ocasión como a de Vesga. Pero todo cambiou no minuto 116 cando Pablo Ibáñez acertou cun remate desde a frontal que puxo o empate a un e que meteu o Osasuna por segunda vez na súa historia (a anterior foi no ano 2005) nunha final copeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar