Cargando resultados...
Asociacións veciñais de Santiago saen á rúa para pedir máis seguridade
Reclaman medidas concretas ante o aumento, din, de incidentes relacionados co tráfico de drogas, leas na rúa ou prostitución
A concetración celebrouse na Praza Roxa
G24.gal
01/06/2026 21:23
Concentración na Praza Roxa, en Santiago, convocada pola asociación de veciños Raigame e á que se sumaron outras asociacións veciñais da capital. Saen á rúa para reclamar máis seguridade.
Reclaman medidas concretas ante os numerosos incidentes, din, como liortas a plena luz do día, tráfico de drogas ou negocios vinculados á prostitución. Os últimos producíronse nas últimas horas, nas inmediacións dun 'after' na rúa Fernando III O Santo.