Publicador de contidos

Publicador de contidos

Así é por dentro o Poseidón: máis espazo para os tripulantes e a droga

Así é por dentro o Poseidón: máis espazo para os tripulantes e a droga

O narcosubmarino localizado na ría de Arousa é de maior tamaño e está acondicionado para afrontar en mellores condicións a travesía desde América do Sur

G24.gal 23/03/2023 10:45 Última actualización 23/03/2023 15:13

Os narcotraficantes van perfeccionando o deseño e a construción dos semisomerxibles cos que atravesan o océano con grandes cantidades de droga.

Nas últimas horas transcenderon imaxes, aínda que cheo de lixo e auga, do interior do Poseidón, o narcosubmarino localizado hai dez días na ría da Arousa, preto de Vilaxoán, gravadas pouco despois do reflotamento.

A referencia que había ata o momento era o localizado na ría de Aldán en 2019, o primeiro interceptado en Galicia procedente de América do Sur. Pois ben, o Poseidón é un aparello de maior tamaño, pero tamén mellor acondicionado.

En primeiro lugar, os tripulantes dispoñen de moito máis espazo para a súa longa travesía, máis de catro mil millas, que supostamente fixeron desde o Brasil.

A carón do timón situaron dous ocos de almacenaxe que cubriron con táboas e poderían usar para durmir.

Tamén o espazo para o almacenamento e transporte da droga é moito maior, e ademais está illado dos tanques de combustible por unha parede para evitar posibles filtracións.

O motor, diésel, é de fabricación asiática, tamén máis grande que o de Aldán.

Os investigadores analizan agora os restos de comida e desperdicios que se ven nas imaxes canda outros indicios na busca de probas novas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade