Publicador de contidos

Publicador de contidos

As xornadas continuas nos colexios aumentan a brecha de xénero

As xornadas continuas nos colexios aumentan a brecha de xénero

As familias perden 8.000 millóns ao ano por mor das xornadas continuas nos colexios

O 66,4% do tempo de custodia dos menores asúmeno as mulleres, aumentando a brecha de xénero

Son datos do Centro de Políticas Económicas de Esade tras analizar a Enquisa de Condicións de Vida do INE

G24.gal 11/05/2022 19:08 Última actualización 11/05/2022 19:20

A xornada continuada nos colexios supón unha perda de ingresos para as familias de arredor de 8.048 millóns de euros ao ano, e un aumento da brecha de xénero, xa que o 66,4 por cento do tempo de custodia dos menores asúmeno as mulleres.

Estas son algunhas das conclusións dun estudo sobre o impacto negativo da xornada escolar continua que elaboraron expertos do Centro de Políticas Económicas de Esade tras analizar a Enquisa de Condicións de Vida do INE e consultar máis de 2.100 docentes de toda España.

A pesar de que as xornadas continuadas supoñen un tremendo roto nas economías familiares, a pandemia acelerou esta modalidade, que actualmente é maioritaria nos colexios públicos de educación infantil e primaria.

Os expertos sinalan que é "moi probable" que siga estendéndose nos vindeiros anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade