Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vendas do grupo téxtil galego Adolfo Domínguez creceron o 24 por cento no exercicio 2022-23

As vendas do grupo téxtil galego Adolfo Domínguez creceron o 24 por cento no exercicio 2022-23

O beneficio neto da compañía sitúase en 0,2 millóns de euros, 1,3 millóns antes de impostos

Conferencia de prensa en que se informa dos resultados empresariais de Adolfo Domínguez Conferencia de prensa en que se informa dos resultados empresariais de Adolfo Domínguez
G24.gal 27/04/2023 11:28

As vendas do grupo téxtil galego Adolfo Domínguez creceron un 24 % no exercicio 2022-2023 ao rexistrar unha facturación de 114,2 millóns de euros cun resultado operativo de 13,4 millóns de euros antes de impostos e taxas (Ebitda). Así o fixo público este xoves a empresa nunha nota á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A rendibilidade das vendas no seu exercicio de marzo do 2022 a febreiro de 2023 elevou a marxe bruta ao 56,8 % e sitúa a compañía en beneficio neto, con 0,2 millóns de euros, máis de 1,3 millóns de euros antes de impostos.

Adolfo Domínguez indica que as súas vendas "crecen en todos os mercados en que opera", cun incremento interanual de 21,7 % en Europa e 30,6 % fóra de Europa, e destaca o aumento de 44,7 % en México, onde dispón de 128 tendas.

O conselleiro delegado de Adolfo Domínguez, Antonio Puente, afirma na nota que a empresa está "moi centrada na rendibilidade", o cal permitiu "xerar un 18 % máis de Ebitda, ata os 13,4 millóns de euros" que no exercicio anterior á irrupción da pandemia de covid-19.

O grupo Adolfo Domínguez emprega 957 profesionais e conta con 339 puntos de venda en 18 países ao termo do exercicio cun persoal profesional integrado nun 80 % por mulleres e un 63 % de executivas no comité de dirección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade