Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Torres de Oeste: recrear a historia de Galicia nun só xacemento arqueolóxico

As Torres de Oeste: recrear a historia de Galicia nun só xacemento arqueolóxico

Quedan os restos da defensa que encargou o arcebispo Xelmírez na Idade Media para protexer Santiago dos viquingos 

O tellado da capela é un dos focos do reacondicionamento do xacemento histórico
G24.gal 09/05/2025 20:23 Última actualización 09/05/2025 20:40

As ruínas das Torres de Oeste en Catoira son un dos maiores tesouros arqueolóxicos de Galicia. O noutrora illote rodeado de marismas leva habitado desde a Idade de Bronce.

Por aquí pasaron castrexos e romanos como explica Diego Piay Augusto, arqueólogo, profesor de Historia Antiga na Universidade de Oviedo e autor dun libro sobre o primeiro período das torres.

A primeira ocupación foi na Idade do Ferro liagada seguramente ao tráfico comercial. Un dos misterios máis importantes da arqueoloxía galega é a localización da Turris Augusti, que estaría na confluencia do río Sar co Ulla así que o nome de Torres de Oeste podería derivar dese Turris Augusti, pero non hai certeza.

Aquí atacaron os viquingos e o que aínda se ve son os restos da fortificación defensiva dos séculos XIII e XIV que impulsou, sobre outra anterior, o arcebispo Xelmírez para defender Santiago.

  Entre os anos 850 ata o século XI aquí hai ataques viquingos. A Torre de Lugo ou Torre Albarrana era a defensa máis avanzada.

No penúltimo episodio da súa historia, no século XVIII, a ameaza eran os ingleses.

É un lugar que nos serve para contar case toda a historia de Galicia

Aínda que nunca se escavou con fins científicos, houbo achados importantes que están espallados polos museos de Galicia. Mesmo, hoxe en día, as Torres de Oeste agochan máis dun segredo.

Hai un dintel cunha inscrición que aínda non se descifrou e aquí apareceron espadas de bronce e ánforas, restos de ofrendas e do tráfico comercial xunto a un broche dunha guerreira do século XVIII

Un novo investimento vai mellorar a contorna e a capela para desfrute dos visitantes por terra e dos que seguen chegando pola Ruta marítimo fluvial de pelegrinaxe a Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade