Vigo acolleu a entrega dos Premios da Crítica de Galicia
Lara Dopazo, Belén Ribeiro, Xosé Miguel Andrade, o programa Apego, Quarteto Quiroga, Chus Martínez, Teatro de Ningures, Manuel González Alvárez, o Centro de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra e o Festival Carballo Interplay son os premiados desta edición
Durante tres meses os setenta xurados, sete por categoría, avaliaron o traballo de 32 finalistas, tanto individuais como colectivos. Hoxe deron a coñecer os gañadores. Os Premios da Crítica de Galicia, con 48 anos de historia, son os máis lonxevos do panorama cultural galego
"Toman o pulso, cada ano, ao estado da creación cultural en Galicia que ten unha mala saúde de ferro. Sempre, entre a precariedade e o entusiasmo, afortunadamente se están desenvolvendo, cada vez máis , as industrias cultrais en Galicia", di Manuel Bragado, presidente da Asociación Premios da Crítica.
O auditorio de Afundación encheuse de talento para entregar e recibir o galardón, unha figura de Sargadelos creada por Díaz Pardo para a primeira edición. O de Creación Literaria foi o premio máis temperá. Recaeu na escritora e autora de Contos Gringos.
"Non contaba para nada. Foi unha sorpresa . O ano pasado houbo unha bo acolleita de creación literaria en Galicia. Unha feliciade absoluta" comenta Lara Dopazo, escritora e premio da crítica de Galicia.
O recoñecemento á creatividade artística, pero tamén ao labor de investigación científica ou social, á innovación cultural ou gastronómica, e sobre todo á promoción da cultura galega, conforman o cerne destes premios.
" Agradecemento a dez anos de traballo e ademais a que os proxectos colaborativos funcionan. Este programa desenvolveuse ao longo destes dez anos por 32 concellos", afirma Ramón Varela da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega.
Belén Ribeiro, Xosé Miguel Andrade, o programa Apego, Quarteto Quiroga, Chus Martínez, Teatro de Ningures, Manuel González Alvárez, o Centro de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra e o Festival Carballo Interplay, completan o elenco de premiados.