Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abril Camino: "É case máis triste a invisibilidade da sexualidade das mulleres, que a polémica que poida xerar"

Abril Camino: "É case máis triste a invisibilidade da sexualidade das mulleres, que a polémica que poida xerar"

'Mulleres que viven xuntas' é a obra  gañadora do premio Xerais de novela 2025

A novela aborda a represión vivida por mulleres que ocultaban relacións baixo a aparencia de amizade

Esta é a súa primeira novela en galego tras unha traxectoria na novela en castelán
 

G24.gal 19/10/2025 11:30 Última actualización 16/10/2025 16:49

A historia de Isabel e Chus comeza no enterro dunha delas. A despedida do amor de toda unha vida, sempre oculto baixo a aparencia dunha amizade, a única maneira de salvarse e de convivir. Elas son, como di o título, ‘Mulleres que viven xuntas’ e tamén son parella, amor e amantes, no tempo da represión franquista. Rocío Otero escribiu esta historia que lle deu o Premio Xerais que desde hai uns días ten na casa. Rocío Otero que na escrita é Abril Camino. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade