Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Tanxugueiras vibran con 80.000 persoas congregadas na praia de Riazor

As Tanxugueiras vibran con 80.000 persoas congregadas na praia de Riazor

O trío de cantareiras pulverizan a marca de asistencia a un concerto dun grupo galego na historia do Noroeste

G24.gal 13/08/2022 11:33 Última actualización 13/08/2022 11:50

O trío Tanxugueiras ofreceulle ao público presente na praia de Riazor un concerto desbordante de enerxía. Impuxéronse á friaxe e á néboa e lograron encandear os seus seguidores.

A meteoroloxía foi a protagonista non invitada ao espectáculo da Xira Midas. Pero o trío formado por Aida Tarrío, Olaia e Sabela Maneiro recibiu o agarimo do público cos primeiros acordes de Arica e Desidia e logrou que vibrara con elas.

Regresaban as Tanxugueiras á Coruña meses despois da súa primeira parada da xira na Sala Pelícano e desta volta cun público máis entregado. Presentaron o seu novo disco, Diluvio,  que xa triunfa nas plataformas de venda.

A éxtase colectiva das máis de 80.000 persoas que estaban na praia de Riazor converteu o concerto no máis multitudinario dunha banda galega neste areal. Os últimos lanzamentos: Pano corado, Seghadoras e Cambia todo, así como Midas e Figa, conquistaron os asistentes.  Con Pano corado a néboa non evitou que milleiros de móbiles acenderan a pantalla para iluminar Riazor. O agasallo final chegou despois de interpretar Terra. O trío sorprendeu o público con Ajárrate, de Mercedes Peón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos