Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Rías Baixas e Santiago rozan o 90 % de ocupación na ponte de maio 

As Rías Baixas e Santiago rozan o 90 % de ocupación na ponte de maio 

Galicia rexistrou unha ocupación media do 70 % estes tres días 

G24.gal 01/05/2023 22:02 Última actualización 02/05/2023 08:06

Como un día de verán, malia as brétemas matinais, este primeiro de maio Sanxenxo fervía de turistas, na praia e no paseo, de fóra de Galicia e tamén da terra porque, din, no verán non se pode con tanta xente.

A brisa mariña aliviaba os 23 graos de temperatura máxima que ninguén lembra a primeiros de maio. Si lembran que choveu moitas veces e poucos turistas agardaban esta calor en Galicia.

Turistas dos catro puntos cardinais buscando o mesmo: a praia, a gastronomía, a paisaxe e as xentes.

Grazas ao bo tempo, as Rías Baixas compartiron con Santiago de Compostela as cifras máis altas de ocupación turística en Galicia nesta ponte, como confirma Thor Rodríguez, presidente da Asociación de Hostelería Compostela.

"Unha ocupación do 88,7 por cento. Na améndoa da zona vella están ao 100 % os hoteis".

Cidades, rural ou praias. Galicia foi estes tres días de minivacacións un fervedoiro de xente. Felices os que veñen de Madrid, cun día máis por festivo autonómico. Tardarán polo menos un día máis en irse, xusto cando cambia o tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade