Publicador de contidos

Publicador de contidos

As procesións percorren as rúas de Viveiro neste Venres Santo

As procesións percorren as rúas de Viveiro neste Venres Santo

Comezou cun dos actos máis importantes: a procesión do Encontro, con imaxes articuladas

G24.gal 15/04/2022 15:36

O día grande da Semana Santa de Viveiro, declarada de Interese Turístico Internacional, comezou cun dos actos máis importantes: a procesión do Encontro, con imaxes articuladas. Segundo contan os organizadores, é unha representación especialmente emotiva e, este ano, aínda máis.

Os que acoden á cita salientan esa emoción que senten ante unha procesión que consideran especial.

E, por iso, son moitos os que  visitan Viveiro nestas datas. Este ano, están moi satisfeitos coa participación tanto da xente da zona coma a dos que veñen de fóra.

Ao longo desta xornada, as procesións percorren as rúas de Viveiro durante unhas 16 horas. Pasada a medianoite sairá a dos Caladiños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade