As prazas de abastos tamén atraen o turismo
Os praceiros de Ribeira din que incrementan as vendas, pero menos que outros veráns
O mercado ten máquina de xeo propia que garantiza o abastecemento
As prazas e mercados de localidades costeiras énchense estes días de turistas que queren gozar dos mellores produtos do mar. A suba de prezos fai que moitos se decanten por peixes e mariscos máis baratos como a xouba, o xurelo ou o mexillón. Pero en vacacións tamén hai que non quere renunciar a degustar produtos máis caros como a merluza, o sargo ou as ameixas. No que todos están de acordo é que hai que aproveitar os excelentes produtos das rías, e que vir ás prazas, aínda que só sexa para mirar, é un espectáculo recomendable o que non están afeitos.
"Un pouquiño de todo, porque lles gusta probar o produto que temos aquí, que é todo da ría
"O que mercamos é o peixe que só se atopa aquí en Galicia", din dúas praceiras.
"É unha marabilla, non cheira. Ole a fresco. É unha marabilla cando entras aquí". "Mercamos o peixe que só hai en Galicia".
Lumbrigante e cousiñas desas. Pescada, froita, verdura, un pouco de todo", comentan os compradores.
Non todos compran do mellor. Os vendedores din que hai xente, pero que gastan menos que outros anos.
"A carteira nótase, pero no verán sempre se incrementan as vendas,
Non mercan nada, cariño, nada de nada. Seis chinchos, cinco luras e seis mexillóns
Barato, barato, así sardiñas, chinchos, xurelos, rapante, que non pase moito do presuposto", explican.
Non teñen problemas de abastecemento se xeo porque dispoñen de maquina que o fai todo o ano para garantir que os produtos se manteñan frescos.