As obras na A6 obrigan a desviar o tráfico cara Madrid pola estrada nacional durante 50 quilómetros
O desvío comeza no Corgo e finaliza en Pedrafita do Cebreiro, o que obriga a usar a nacional VI antes de volver a incorporarse a autovía
Os condutores quéixanse de falta de planificación á hora de acometer as melloras
A circulación a través de Baralla e Becerreá ocasiona puntualmente retencións
Xa á altura do Concello do Corgo os conos na autovía indican aos condutores que van cara Madrid que se teñen que desviar.
Ao seu paso por Baralla ocasionalmente prodúcense retencións. O tráfico vai lento e pese a que atravesa varias localidades apenas deixa ganancia.
Mesma situación vívese en Becerreá. Os condutores botan de falta máis planificación.
Hai que ir ata Pedrafita para volver coller a autovía cara Madrid. Son case medio cento de quilómetros os que hai que recorrer por estrada nacional debido a unhas obras na autovía que se acometen por fases e que teñen por obxectivo mellorar o firme.