Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mimosas están en plena floración

As mimosas están en plena floración

Son orixinarias de Australia e chegaron a Galicia a finais do século XIX polo seu valor ornamental

Son unha especie invasora e supoñen unha ameaza para a biodiversidade 

G24.gal 27/01/2022 21:21

A floración temperá das mimosas tingue de amarelo boa parte da nosa paisaxe. Orixinarias de Australia, chegaron a Galicia a finais do século XIX e, aínda que o seu valor ornamental cada vez é máis común, a día de hoxe son un perigo para os cultivos e a biodiversidade. 

A súa expansión é unha evidencia. Están nos máis dos nosos montes.  As mimosas atoparon en Galicia o lugar perfecto para se reproducir. Porén, son unha especie invasora que supoñen toda unha ameaza, especialmente en zonas viticultoras como o Ribeiro.

Condutoras do lume, supoñen tamén unha ameaza para os incendios. Convivimos pois cunha especie tan letal como fermosa. Conscientes destas dúas pólas nunha florería do Carballiño vestiron de mimosas a súa fachada. Aproveitando o adianto da súa floración anuncia así o tan esperado Entroido. En Ourense as mimosas son tamén símbolo do Entroido. É a parte máis lúdica dunha especie que intenta controlarse a través de plans de erradicación.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade