Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javier Otero, un 'influencer' namorado da natureza e dos animais

Javier Otero, un 'influencer' namorado da natureza e dos animais

Javier conta con máis de 370.000 seguidores nas súas redes

Convive diariamente con dous corvos, un lobo e un falcón

G24.gal 07/06/2025 21:27

Javier Otero defínese como "salvaxe". Este influencer de Carril é un apaixonado da natureza e dos animais, e conta con máis de 370.000 seguidores nas súas redes sociais. A súa fama veu a raíz de subir vídeos mostrando a súa vida diaria convivindo cuns animais un tanto peculiares: dous corvos, un lobo e un falcón.

"Mostro o meu día a día sen máis, sen trampas, sen cartóns e sen filtros. Vou ao monte cos paxaros, vou á praia, póñolle cámaras no lombo...", asegura Javier.

E de onde xorde esta paixón polas aves?

"Cando eu tiña sete anos, meu irmán encontrou unha pombiña pequena que caeu dun niño, fíxenme cargo dela e aí espertou en min unha paixón polas aves que dura ata o día de hoxe", comenta o 'influencer'".

A natureza e Javier son dous nun e, este asegurou que o bosque, a natureza e os animais son un luxo que está presente en Galicia e afirmou que o mellor de todo é que é gratis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade