Publicador de contidos

Publicador de contidos

As redes sociais, unha rutina que xa forma parte do día a día

As redes sociais, unha rutina que xa forma parte do día a día

Este 30 de xuño celebrase o día dedicado a estas aplicacións de Internet

A Galega está presente nas redes sociais cunha comunidade de máis de 2,6 millóns de seguidores 

G24.gal 30/06/2026 14:47

Abrir o móbil pola mañá converteuse para moitos nun xesto automático.

"Instagram por se vexo algunha noticia e WhatsApp por se me escribiu algunha mensaxe dunha amiga", comenta unha moza de 25 anos.

Antes incluso de levantarnos, xa revisamos mensaxes, redes sociais ou as primeiras actualizacións do día.

"TikTok, porque me entretén moitísimo. Podo pasar horas mirando vídeos", di outra rapaza.

Un hábito que cambia segundo a idade, pero que ten algo en común: as redes sociais xa forman parte da rutina diaria. 

Unha muller afirma que emprega "só Facebook", mentres que a súa neta asegura utilizar "Instagram, Twitter e TikTok". O home explica que en Facebook busca "noticias e cotilleo duns e doutras, iso é o que vexo". Pola contra, unha rapaza nova di: "Nin Facebook nin Twitter. Telegram unha vez que se colgou o WhatsApp, e borreino ao día seguinte."

Hoxe, no Día Mundial das Redes Sociais, estas plataformas convertéronse tamén nunha nova xanela para informarse. A Galega está presente neste espazo dixital cunha comunidade de máis de 2,6 millóns de seguidores nas súas redes

Un usuario destaca a importancia da Televisión de Galicia: "É moi importante para estar ao día do que pasa na nosa terra". Pola súa banda, unha moza explica que adoita informarse a través de TikTok: "Cando me saltan as noticias e o telexornal non o puiden ver".

Hai quen non imaxina a súa rutina sen redes sociais, pero tamén quen recoñece que teñen unha parte menos positiva.

"A xente solta o que quere, non se fai responsable", di unha moza.

Porque, con vantaxes e riscos, as redes xa forman parte da nosa vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade