Publicador de contidos

Publicador de contidos

A IA provoca novas formas de violencia e abusos

A IA provoca novas formas de violencia e abusos

Contidos sexualizados e espidos non consentidos e falsos, pero cargados de hiperrealismo

​​Provocan danos psicolóxicos, físicos e económicos

As ferramentas para xerar 'deepfakes' e nudificación están dispoñibles con facilidade
G24.gal 09/06/2026 15:00

Utilizar unha imaxe real, manipulala xerando contidos sexuais é unha forma máis de abuso. Son imaxes non consentidas, ficticias, pero cargadas de hiperrealismo. Algunhas precisan dunha análise forense para poder diferencialas

"Hai algunhas IA que o que fan é xa crear unha marca de auga para que poidas recoñecelas ,pero podes sacalas dunha forma moi sinxela entón só de maneira técnica e profesional con peritos profesionais e colexiados o poden recoñecer, especializados na materia", explica José Luis Rivas, do Corpo Oficial de Peritos do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia

As imaxes son falsas, pero o dano que provocan é real, e non só psicolóxico, tamén físico e económico. A extorsión con este tipo de material creado por IA, empeza o ser o día a día en ciberseguridade. Malia os esforzos por poñer límites ás empresas tecnolóxicas, o certo é que seguen en aumento e cada vez están máis dispoñibles sen necesidade de ter grandes coñecementos técnicos e sen ningún tipo de control de idade e contidos. 

 "As ferramentas están e hai ata titoriais e pódense facer dunha maneira moi sinxela", apunta o experto.

O mal uso destas tecnoloxías crea novas formas de abusos e amplifican a violencia sexual e o acoso. Os menores e as mulleres son os colectivos máis expostos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade