Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco detidos, un deles en Lugo, e 18 investigados por comercio e tenencia ilícita de fauna protexida

Cinco detidos, un deles en Lugo, e 18 investigados por comercio e tenencia ilícita de fauna protexida

Quedou desartellada unha rede internacional dedicada ao tráfico de especies protexidas,

Amais da persoa detida en Lugo, hai outras catro detidas en distintas localidades da provincia de Cáceres

Os axentes inmobilizaron unha trintena de exemplares de fauna protexida, na súa maioría aves exóticas

A maioría dos animais inmobilizados na operación Namib son aves exóticas. Foto: Garda Civil
G24.gal 24/05/2025 11:36 Última actualización 24/05/2025 13:38

A Garda Civil, no marco da operación Namib, detivo a cinco persoas, uno deles en Lugo, e investigado a 18 máis pola súa presunta implicación no comercio e tenencia ilícita de exemplares de fauna silvestre, así como desarticulou unha rede delituosa internacional dedicada ao tráfico de especies protexidas.

Os arrestados foron detidos en distintas localidades da provincia de Cáceres. En concreto nesta provincia tamén  hai nove investigados, aos cales se suman catro na provincia de Málaga, un na de Badaxoz, outro na de Lugo, outro na de Ciudad Real, outro na de Almería e un máis en Madrid.

A rede operaba a nivel nacional e internacional xa que varias das especies detectadas procedían de Portugal. A organización dedicábase ao transporte, comercialización e tenencia ilegal de especies animais incluídas nos Apéndices I e II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES). O comercio destas especies está estritamente prohibido ou fortemente regulado, segundo precisa a nota de prensa da Garda Civil.

Ao longo desta operación, que durou algo máis dun ano, os investigadores contaron co apoio técnico de persoal dependente da Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, autoridade administrativa e órgano de xestión principal do convenio sobre o comercio de especies protexidas.

As actuacións estendéronse por varias provincias do territorio nacional, entre elas Madrid, Málaga, Lugo, Ciudad Real, Almería e Badaxoz, ademais da propia provincia de Cáceres, onde se concentraron os principais esforzos operativos.

A operación Namib desenvolveuna o Servizo de Protección da Natureza da Comandancia da Garda Civil de Cáceres.

A operación Namib desenvolveuna o Servizo de Protección da Natureza de Cáceres. Foto: Garda Civil

Inmobilizadas máis de trinta animais: aves exóticas, réptiles e tartarugas

Durante as inspeccións practicadas en múltiples establecementos de venda de especies exóticas, almacéns e mesmo domicilios particulares, os axentes inmobilizaron ao redor dunha trintena de exemplares de fauna protexida, a maioría aves exóticas da familia dos psitácidos-guacamayos, papagaios yacos africanos de cola vermella, cotorras do sol e amazonas aestivas.

Tamén foron incautados réptiles, como tartarugas de espolones africanos e tartarugas leopardo, así como outras especies invasoras, entre as cales destaca unha suricata, mamífero carnívoro orixinario do extremo sur de África.

Os arrestados poderían enfrontarse a penas de entre seis meses e dous anos de prisión por delitos contra o medio ambiente e a protección da flora e a fauna. Ademais, enfróntanse a multas económicas importantes e, en todo caso, á inhabilitación especial para actividades relacionadas coa tenencia ou comercio de animais.

A Garda Civil salienta que a gravidade deste tipo de delitos radica en que non só atentan contra a biodiversidade e o equilibrio ecolóxico, senón que tamén contribúen á deterioración de ecosistemas fráxiles e á extinción de especies de alto valor ecolóxico, científico e cultural.

Tamén foron incautados réptiles, como diferentes variedes de tartarugas. Foto: Garda Civil Tamén foron incautados réptiles, como diferentes variedes de tartarugas. Foto: Garda Civil
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade