Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ríos galegos están a quedar sen salmóns

Os ríos galegos están a quedar sen salmóns

A sobrepesca no Ártico é o factor esencial da súa extinción

G24.gal 17/05/2025 14:29

Os ríos galegos están quedando sen salmón, segundo explican os expertos. Son múltiples os factores medioambientais que están a reducir os exemplares. Pero a sobrepesca parecer ser o factor fundamental.

A sobrepesca que os barcos de arrastre do Xapón, A China e Noruega efectúan no mar Ártico é a responsable en gran parte de que o salmón estea perigo de extinción nos ríos galegos.

A este factor hai que sumarlle o dos encoros, as minicentrais, as verteduras, o xurro e, agora tamén, o cormorán e o visón amerciano como os motivos polos que apenas quedan xa salmóns nos ríos do norte peninsular, unha situación para a que se pide responsabilidade e solucións que axuden á misión, "practicamente imposible" segundo nos din os expertos, de recuperar este peixe nas augas da cornixa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade