Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quince incendios forestais seguen activos en España

Quince incendios forestais seguen activos en España

En León esta noite tiveron que evacuar máis de trescentas persoas

Galicia, Castela e León e Asturias seguen sendo as comunidades máis afectadas polo lume
G24.gal 24/08/2025 14:13

Este domingo amenceu con quince incendios activos en toda España, catorce deles en nivel dous de perigosidade, outros dous estabilizados e  sete controlados, segundo informou  a directora xeral de Protección Civil e Emerxencias.

O lume de Porto obrigou de novo a evacuar centos de persoas

En Castela e León, os incendios de Igüeña, Barniedo e Anllares evolucionan favorablemente, mentres que o de Porto, en Zamora, volveu pasar a León e obrigou a desaloxar máis de trescentos veciños.

A reactivación de varios focos no incendio de Porto, procedente de Zamora, obrigou a desaloxar os veciños da localidade leonesa de Labaña, confirmou a responsable de Protección Civil.

Na veciña Asturias seguen activos e perigosos os incendios de Degaña, Somiedo e Cangas do Narcea. Os ventos reinantes na zona fan que o lume de Degaña, en Asturias, poida confluír co de Anllares do Sil, na veciña León.

"A principal misión alí para o día de hoxe vaise centrar en preparar a liña de defensa da localidade de Tablado, pola orografía desta zona", sinalou Virginia Barcones.

A responsable de Protección Civil e Emerxencias do Goberno central confía na extinción de todos os incendios nos próximos días.

"Se todo se desenvolvese favorablemente, a priori, hai polo menos unha semana de traballo por diante", estimou a directora xeral.

43 persoas detidas e 133 investigadas en relación cos incendios

Protección Civil confirmou que foron detidas 43 persoas en relación cos incendios forestais, e que outras 133 están sendo investigadas polo mesmo motivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade