Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptado na Coruña un condutor drogado que circulaba en sentido contrario e cun menor no coche

Interceptado na Coruña un condutor drogado que circulaba en sentido contrario e cun menor no coche

O condutor circulaba desde Lugo, dirección A Coruña, e no túnel de Perillo meteuse en dirección contraria

O home foi interceptado na ponte da Pasaxe despois de que chocara cun lateral da vía

G24.gal 08/06/2025 21:59

A Garda Civil e a Policía Local da Coruña interceptaron un condutor que circulaba en sentido contrario, que deu positivo en drogas e levaba un menor no vehículo.

Segundo informou a Garda Civil, o condutor foi interceptado este domingo na ponte da Pasaxe. O vehículo circulaba desde Lugo, dirección A Coruña, e no túnel de Perillo meteuse en dirección contraria. Foi nese momento cando chocou con un lateral da vía e rematou impactando nunha vivenda.

Ata o lugar do accidente desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico. No lugar, prenderon o condutor que levaba un menor a bordo.  Realizadas as probas pertinentes, o home deu positivo en drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade