Desenvolven unha aplicación móbil para que os cans atopen "amigos"
O amor céntrase unicamente nas mascotas ou pode expandirse entre os donos? É este último o interese real da aplicación? E se os cans empatan e os donos non?
Aos cans chegáballes con ir ao parque e atopar alí outros animais? Estanos usando os donos?
Coa aplicación xorden múltiples preguntas
Algunha vez se preguntaron se as súas mascotas teñen ganas de atopar o amor? Ou como fan para atopalo? Ben, pois Santi e Álex tiñan estas mesma inquietudes e desenvolveron unha aplicación móbil para que os cans fagan amizades… ou o que xurda.
A tecnoloxía nunca deixa de sorprendernos. Desta vez, no mundo animal. Esta aplicación de citas para cans funciona de xeito similar a unha das convencionais: os cans teñen un perfil con foto e datos, como a raza, o sexo e a data de nacemento, e a medida que van aparecendo as diferentes opcións, danlle like ou non. Se se gustan os dous e hai match, poden quedar para pasear xuntos. Despois só queda esperar que a maxia actúe.
Xa hai tempo que o mercado do amor se pasou tamén ao ámbito canino… e neste contexto xorde Dappy Dogs, a nova aplicación de citas para cans que axuda a ampliar o seu círculo de amizades e mellora a experiencia do paseo.
A idea de lanzar esta aplicación xorde con Álex, outro dos creadores.
“Deuse conta que o seu can, cando atopaba certos cans pola rúa, chegaba máis contento á casa, entón de aí esa necesidade de que os cans necesitan contactar con certos amigos caninos”, argumenta Santi Berdullas, copropietario de Dappy Dogs.
E todo queda nunha simple amizade… ou pode haber algo máis?
Xa nos pediron que metésemos un parámetro, que é o de cruzar, e ti podes indicar se o can pode cruzarse ou non. Entón ti no buscador xa podes saber se un can está buscando o amor”, comenta Santi.
Con este feito, xorde unha pregunta: O amor céntrase unicamente nas mascotas ou pode expandirse entre os donos?