Cargando resultados...
Arrestado un home acusado de meter pola forza no coche unha moza en Cambados
O detido tiña a condición de interno no Centro de Inserción Social (CIS) de Vigo, onde tiña que ingresar horas máis tarde
G24.gal
07/06/2025 17:25
Última actualización 07/06/2025 22:27
A Garda Civil detivo un home, de 29 anos, que introduciu pola forza no seu coche unha moza, de 19 anos, no municipio de Cambados. Os feitos, segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press, producíronse sobre as 16:30 horas deste venres.
O home levou pola forza a rapaza, que ao parecer coñecía, logo de que varias persoas presentes na zona forcexaran con el para impedilo.
Axentes da Garda Civil montaron un operativo para deter o autor, que tiña a condición de interno no Centro de Inserción Social (CIS) de Vigo, onde tiña que ingresar horas máis tarde. A muller non presentou denuncia.
