Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresan no cárcere dous dos catro detidos pola liorta no centro de Pontevedra

Ingresan no cárcere dous dos catro detidos pola liorta no centro de Pontevedra

Os outros arrestados quedaron en liberdade provisional coa obriga de comparecer apud acta

G24.gal 07/06/2025 10:51 Última actualización 07/06/2025 17:47

A maxistrada do Xulgado de Instrución Número 3 de Pontevedra decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, para dous dos catro detidos pola pelexa deste martes na praza de Barcelos, no centro de Pontevedra.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), as outras dúas persoas arrestadas quedaron en liberdade provisional coa obriga de comparecer apud acta (as veces sinaladas e cando a xuíza o decida), co pasaporte retirado e coa prohibición de saír do territorio nacional e de aproximarse e de establecer comunicación coas vítimas.

Os detidos están investigados por delitos de lesións agravadas e homicidio en grao de tentativa. Na liorta, que se produciu sobre as 19:00 horas do martes, tres persoas quedaron feridas por arma branca e a Policía Nacional busca a un quinto implicado, que xa está identificado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade