Varias avarías causan atrasos na liña de alta velocidade en Andalucía e no Levante
A incidencia máis grave, unha avaría na infraestrutura obrigou a suspender a circulación preto de Sevilla durante tres horas
Os que xa están tendo problemas para viaxar son os que se moven en tren entre Madrid e Sevilla. As liñas de alta velocidade levan 24 horas sufrindo atrasos por mor das avarías. Houbo trens parados en Andalucía, e moitos viaxeiros afectados.
Foi outra xornada de caos ferroviario: a incidencia máis grave, unha avaría na infraestrutura obrigou a suspender a circulación preto de Sevilla durante tres horas. O deputado do PP Juan Bravo contábao nas redes sociais.
De madrugada quedaba restablecido o trafico ferroviario. Con todo, para algúns viaxeiros coller o tren está a converterse nunha experiencia de alto risco.
A incidencia en Sevilla quedaba resolta á media noite. Pero esta mesma mañá volvíanse a producir cortes, causados segundo Renfe, por un tren de Ouigo. Tamén estivo cortada, ao longo da mañá, a conexión entre Madrid e o Levante.