Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes adxudica o estudo informativo para a variante do AVE por Cerdedo

Transportes adxudica o estudo informativo para a variante do AVE por Cerdedo

O informe ten que estar rematado nun prazo de 24 meses

G24.gal 08/08/2025 14:13

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 835.660 euros sen IVE o contrato do o estudo informativo complementario para lograr a avaliación de impacto ambiental da variante do AVE por Cerdedo, que melloraría a conexión de Vigo con Ourense.

A adxudicataria é unha UTE integrada polas empresas Antea Iberolatam, S.L.U., Meta Engineering, S.A.U. e Instrumentación Geotécnica e Estrutural, S.L., informou este venres nun comunicado.

Transportes precisou que o prazo de execución é de 24 meses.

Este estudo dá continuidade aos traballos xa realizados para a execución dun tramo ferroviario "dunha gran complexidade técnica, particularmente no que se refire á hidroxeoloxía", sinalou o Ministerio.

O obxectivo do estudo é incorporar e completar as análises realizadas e adaptalas aos cambios normativos que tiveron lugar nos últimos anos.

O contrato inclúe dúas actuacións: unha campaña xeolóxica e xeotécnica que completará as investigacións anteriores e garantirá que a documentación para a avaliación ambiental conte con toda a información necesaria, e a redacción do estudo informativo complementario.

Transportes lembrou que na contorna de Vigo se están realizando outros estudos ferroviarios, co fin de mellorar a súa conexión con Portugal e a súa operatividade ferroviaria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade