Publicador de contidos

Publicador de contidos

As hipotecas encarecerán uns 100 euros de media ao mes

As hipotecas encarecerán uns 100 euros de media ao mes

O euríbor alcanza máximos históricos e volverá subir outro medio punto 

G24.gal 22/08/2022 14:42

O aviso do Banco Central Europeo de que hai que facerlle fronte á inflación sitúa o euríbor no seu nivel máis alto dos últimos dez anos. E isto ten un impacto directo nos préstamos hipotecarios.

A partir de setembro, pagaranse de media uns 100 euros mensuais máis por cada 100.000 euros de hipoteca. É dicir, unha hipoteca media de 150.000 euros a 25 anos, encarecerá uns 1.560 euros ao ano. 

Pero o problema non é só para quen teña que revisar unha hipoteca antiga, os que queiran contratar un préstamo tamén verán que os tipos de xuro dos novos créditos non paran de subir. Só en agosto, dúas décimas máis que o mes anterior.

Se ben o encarecemento do euríbor en medio punto non consegue frear a presión inflacionista, todo apunta a que haberá unha nova suba en que se romperá a barreira do 1 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade