Cargando resultados...
As froitas exóticas xa teñen o seu espazo nas tendas de alimentación
Cada vez é máis frecuente atopalas xunto cos produtos de tempada
G24.gal
25/09/2025 21:22
Última actualización 25/09/2025 21:38
As froitas exóticas son innumerables e, moitas son auténticas descoñecidas a estoutro lado do mundo.
Pero a través das redes sociais ou nas tendas físicas, as froiterías introducen, cada vez máis, alimentos exóticos.
Jacobo vén notando a grande aceptación deste tipo de produtos na súa clientela, sobre todo coa chegada das estacións máis frías.
Nos estantes, as froitas de tempada xa conviven coas exóticas.
Mangas, por exemplo, a 6 euros o quilo, ou as yautías, por riba dos oito.
O que parece claro é que chegan para quedaren, sendo a mellor carta de presentación, polo sabor e a textura, da cultura alimentaria de moitos países.