Publicador de contidos

Publicador de contidos

As forzas de seguridade extremarán a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias

As forzas de seguridade extremarán a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias

 A Xunta coordina o dispositivo coas policias locais das cidades, Policia Nacional e Garda Civil

G24.gal 21/12/2021 21:05

Os vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e o conselleiro de Sanidade mantiveron unha reunion por videoconferencia cos mandos da Policia Autonomica, Garda Civil, Policia Nacional e Policía Local das sete grandes cidades.

Dela saiu o compromiso de extremar a vixilancia do cumprimento das normas sanitarias de Galicia nestas datas de Nadal. 

Os axentes vixiarán que non se celebren botellóns. Tamén que se respecta por parte de usuarios e profesionais o uso do certificado covid naqueles lugares en que é obrigatorio.  

Ademáis das medidas vixentes tamén se lle trasladará aos corpos e forzas de seguridade calquera outra adicional que se poida acordar na  Conferencia de Presidentes deste mércores.

Alfonso Rueda lembrou que as normas están para cumprir e que as diferentes policias xa están levantado actas de infracción que conlevan multas.

Agradeceu o esforzo engadido que van facer durante o Nadal, un esforzo que en palabras do Conselleiro de Sanidade complementa o do persoal sanitario para atallar a sexta vaga do virus nun momento moi preocupante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade