As familias dos desaparecidos no Villa de Pitanxo piden baixar ao barco para buscar probas
A voceira dos familiares confía en que a xustiza aclare se os mariñeiros morreron por unha imprudencia do patrón
Os familiares das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo confían en que a xustiza aclare se os mariñeiros morreron por unha imprudencia do patrón.
Despois de que o xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno atopase indicios de delitos de homicidio por imprudencia, a voceira das familias María José de Pazo reclamou baixar ata o Villa de Pitanxo. Salientou que, ademais de buscar os desaparecidos, sería moi esclarecedor para a investigación xudicial porque poderían atoparse probas do sucedido.
María José de Pazo destacou que é moi importante aclarar se houbo delitos contra os dereitos dos traballadores. Apuntou que non só lles importa ás familias das vítimas, senón tamén a todos os mariñeiros.
