As familias das vítimas do Villa de Pitanxo solicitan colaboración privada para poder chegar ao pecio
As familias das vítimas do Villa de Pitanxo solicitan colaboración privada para poder chegar ao pecio
O Goberno de España descarta poñer os medios para localizar o pecio
Reunidos diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, familiares dos 21 falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo deron lectura a un comunicado no que amosaron a súa decepción pola rexeitamento do Goberno de España a coñecer máis datos sobre o afundimento coa baixada ao pecio ata que o ordene un xuíz.
Láianse de que a CIAM non solicite esa baixada ao pecio para atopar datos obxectivos que axuden na investigación das causas do sinistro. Están dispostos a chegar ata onde faga falta para saber a verdade.
Logo de que unha empresa do Canadá se comprometera a poñer o robot e o sonar de varrido, solicitan a colaboración privada para acadar un barco antes de que remate o verán, data límite, segundo os expertos, para baixar ao pecio. So así, din, poderán facer xustiza aos 21 falecidos e a toda a familia do mar.