As enerxías renovables reducen a factura eléctrica e a pegada de CO2 no campus de Ourense
As enerxías renovables reducen a factura eléctrica e a pegada de CO2 no campus de Ourense
Aforran 40.000 euros anuais en electricidade e agardan reducir máis o consumo
Deixaron de emitir 444 toneladas de dióxido de carbono cos novos sistemas
40.000 euros de aforro na factura enerxética e a redución en 444 toneladas das emisións de CO2 á atmósfera. É o que está a conseguir o campus de Ourense co emprego das enerxías renovables.
Os 18,4 graos de temperatura do subsolo da cidade das Burgas permiten abastecer de calefacción un dos principais edificios do campus, puidendo precindir do gasóleo ou a electricidade. E todo grazas á investigación en xeotermia.
No campus estanse a utilizar tamén tomas de aerotermia para completar os sistemas de calefacción e refrixeración e placas solares para a produción de electricidade que xa supoñen o 16% do abastecemento eléctrico dos edificios.
O obxectivo é que a medio prazo se chegue a utilizar de xeito maioritario as enerxías renovables no 40% dos inmobles do campus.
A Xunta investiu preto de 800.000 euros na creación dos 5.000 metros de rede que ten o dispositivo de captación de xeotermia no solo do campus ourensán.