Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda sitúa o porto de Ferrol á vangarda da transición enerxética

Rueda sitúa o porto de Ferrol á vangarda da transición enerxética

Na apertura da V Xornada Porto-Empresa, o presidente da Xunta urxiu a Sánchez a priorizar as infraestruturas ferroviarias galegas

O presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao reclámalle ao Executivo Central que Ferrol estea conectada por tren coa meseta

 

EFE/Kiko Delgado
G24.gal 27/11/2025 13:57

Alfonso Rueda asegura que o porto de Ferrol é un referente da transición enerxética. Para Francisco Barea, presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, é unha peza fundamental para a economía da comarca.

Barea pídelle ao Goberno central que non esqueza a Galicia: "Que Ferrol teña o tren que se merece da estación á meseta".

Rueda asegura que todas as infraestruturas son necesarias para que as empresas veñan á comunidade: "tamén é necesario o corredor atlántico, igual que se adiantan prazos no corredor mediterráneo, contra o que non temos nada, se non se fai a costa das infraestruturas que temos que facer aquí".

O presidente da Xunta aposta porque Galicia aproveite a oportunidade que ofrecen as enerxías renovables. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade