Publicador de contidos

Publicador de contidos

O naval presentar este outono os proxectos para optar a fondos europeos

O naval presentar este outono os proxectos para optar a fondos europeos

José Miñones di que confía en que as axudas cheguen tamén ás pequenas empresas

G24.gal 05/08/2022 14:58

En Galicia as empresas do naval, un dos sectores estratéxicos da nosa economía, teñen de prazo ata outono para presentar os proxectos que optan aos fondos europeos de recuperación.

O delegado do Goberno presentoulles en Ferrol aos representantes de empresas e asociacións, as bases que regulan as axudas que se van repartir a finais deste ano.

Jose Miñones di que non hai perigo de que os grandes proxectos poidan quedar fóra do financiamento como ocorreu en sectores como o da automoción. 

O vicepresidente primeiro da Xunta pídelle ao Goberno central máis diálogo para coñecer os detalles deste perte do naval. Francisco Conde agarda que os fondos, neste caso, si cheguen ao tecido produtivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade