Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas beneficiarias de axudas terán que manter a actividade cinco anos

As empresas beneficiarias de axudas terán que manter a actividade cinco anos

Tamén terán que comunicar calquera diminución de traballo que implique redución de postos de traballo

G24.gal 05/12/2022 17:35 Última actualización 05/12/2022 18:09

As empresas industriais beneficiarias de axudas públicas terán que manter a súa actividade produtiva durante cinco anos no caso dunha gran compañía, ou tres anos se se trata dunha pequena ou mediana empresa.

Así o establece o anteproxecto da nova Lei de industria, aprobado este luns polo Goberno.

O texto tamén recolle como novidade a obriga de comunicar ao Ministerio e aos sindicatos unha redución de actividade que supoña unha perda importante de postos de traballo.

Nestas ocasións, crearase unha mesa de reindustrialización en que participarán a Administración Xeral do Estado e as comunidades autónomas afectadas para "tratar de previr a perda de capacidades industriais e de emprego", explicou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

O novo articulado "aspira a situar a industria española á vangarda das transformacións do século XXI", engadiu Maroto, que insistiu en que "reforza o papel da industria, fortalece a soberanía estratéxica e industrial e adopta novos instrumentos de política industrial necesarios para mellorar a competitividade na esfera internacional".

Na mesma liña expresouse o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a través das súas redes sociais.

"Hoxe aprobamos unha Lei de industria para o século XXI. O Goberno dá un novo impulso para que a industria española sexa máis moderna, sostible e á altura de novos retos. Innovación e talento para reactivar a nosa economía e atraer o investimento estranxeiro", sinalou.

A futura Lei de industria substituirá a actual, que data de 1992. O seu obxectivo é potenciar a autonomía industrial de España e contribuír a un crecemento máis sostible e dixital.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos