Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 28M consolida o PP como forza maioritaria dos concellos de Galicia

O 28M consolida o PP como forza maioritaria dos concellos de Galicia

Os socialistas perden máis de 70.000 votos e o BNG suma 250.000 papeletas

O PP e o BNG celebran os resultados do 28M; o PSOE recoñece que non son os desexados

G24.gal 29/05/2023 14:33

O 28 de maio deixa un mapa de Galicia tinguido de azul. O Partido Popular consolídase como primeira forza nas eleccións municipais, con máis de medio millón de votos nas catro provincias. Os populares pasan do 33 ao 38 % dos apoios e son forza maioritaria en 191 concellos, 56 deles con maioría absoluta. Entre elas a da cidade de Ferrol, onde recupera a alcaldía despois de oito anos e en Baiona onde obtén 11 dos 17 concelleiros e máis dun 56 % dos votos. Na Coruña consegue as alcaldías de Teo e de Oroso, esta última historicamente en mans do partido socialista.

E é que o PSdeG deixa case 76.000 votos no camiño. Obtén 420.000 papeletas e baixa en apoios dun 32,8 a un 29 %. É a forza maioritaria en 80 concellos de Galicia. Está en condicións de reter as alcaldías de Lugo e A Coruña, co apoio do BNG, pero perde Santiago. Mantén a maioría absoluta de Vigo e perde a de Vilagarcía, onde o actual presidente da Fegamp, Alberto Varela, terá que pechar un goberno de coalición e a de Culleredo, onde deixa catro edís.

En claro ascenso de votos sitúase o BNG. Obtén 250.000 en toda Galicia, 50.000 máis que en 2019 e consolídase como a forza máis votada en 21 concellos. Afianza a súa presenza nas cidades e consegue a alcaldía de Santiago de Compostela, ademais de manter a de Pontevedra, malia baixada en apoios. 

O 28 de maio borra practicamente do mapa das cidades as marcas das Mareas. Tan só manteñen representación en Ferrol e Compostela. O mesmo camiño que segue Ciudadanos que desaparece da comunidade. Vox consegue un único concelleiro en Galicia. Terá representación no concello de Avión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade