Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP e o BNG celebran os resultados do 28M; o PSOE recoñece que non son os desexados

O PP e o BNG celebran os resultados do 28M; o PSOE recoñece que non son os desexados

O PP é a forza máis votada, aínda que socialistas e nacionalistas logran conservar a maioría das grandes cidades

G24.gal 29/05/2023 14:19

A nivel autonómico, o Partido Popular é a forza máis votada, aínda que socialistas e nacionalistas logran conservar a maioría das grandes cidades. Dos resultados, o Partido Popular destaca que é a forza que máis sobe, os socialistas recoñéceno, pero puntualizan que o PP sobe menos en Galicia ca no resto de España, e os nacionalistas expresan a súa satisfacción por uns resultados que os sitúan, din, como unha forza en ascenso.

O Partido Popular pasou a proba das primeiras eleccións con Alfonso Rueda á fronte da formación e declárase claramente gañador das municipais.  

Alfonso Rueda di: "O PP é unha forza á alza respecto das últimas municipais. Somos clamarente a forza que máis sobe en Galicia, aprendemos as leccións que nos deron hai catro anos en Galicia, corriximos os erros, afondamos nos acertos. E é o que nos levou aos resultados de hoxe. Agradecemento para os que apostaron pola estabilidade, polo progreso e por alcaldes previsibles, e este cambio prepara o cambio que está máis proximo en España cando cheguen as eleccións xerais". 

O PSdeG recoñece que non son resultados que lles gustarían, pero si mellores que os que o partido sacou noutros puntos de España. Valentín González Formoso di que, aínda recoñendo que o partido baixa, manteñen un diferencial co PSOE a nivel estatal.

Di tamén que "vemos que hai unha ondaxe a nivel nacional onde sobe o PP nove puntos con respecto ás últimas municipais, pero en Galicia redúcese á metade, só sobe 5 por cento".
 

O BNG celebra o resultado e cualifícase a si mesmo coma unha forza en alza en Galicia.
Ana Pontón di que son a forza política que máis concelleiros suma. 135 máis. Un incremento do 30 por cento.

"Isto sitúanos coma unha forza política que está en ascenso que vai sumar máis gobernos municipais e que se afianzou de xeito claro nas nosas cidades".

A seguinte cita coas urnas en menos de dous meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade