Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mortaldade, cotas ou eólicos: as confrarías analizan as incertezas do sector

Mortaldade, cotas ou eólicos: as confrarías analizan as incertezas do sector

Piden diálogo coas administracións españolas e comunitarias para abordar os problemas da pesca e o marisqueo

G24.gal 12/03/2024 14:35

As confrarías galegas analizan como afrontar as incertezas do sector. Preocupa a mortaldade do marisco provocada polas chuvias dos últimos meses. Baixa salinidade e auga máis quente lastran a produtividade dos bancos marisqueiros galegos e dificultan a súa rexeneración.

Piden un pulo ao plan de recuperación acordado coa Xunta e axudas do Estado nunha situación excepcional. O presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez, admite que "é unha tarefa moi difícil porque vemos como o marisco non se adapta moito con esta temperatura e con estes cambios para poder rexenerar. Aí é onde temos que centrarnos tantos os científicos, sector e administración".

Desde o Consello Económico e Social de Galicia, o seu presidente, Manuel Pérez fala de "ruína para esas familias que viven deses bancos marisqueiros en Galicia. A postura nosa evidentemente é a favor do recoñecemento de zona catastrófica".

O sector pesqueiro mira tamén cara a Bruxelas. Afogados, din, pola redución de cotas en especies como a sardiña, esenciais para a pesca artesanal. Piden informes serios e compromiso do Goberno central para defender en Europa a realidade galega.

"E coma iso tamén a raia mosaica que xa pechou con dous meses. E é a especie que máis temos nas nosas costas galegas", afirma o presidente da Federación Galega de Confrarías.

A eólica mariña é outra das súas inquedanzas. José Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías, di que "lles demos información de onde traballabamos e parece que dende que demos esa información esas plataformas reducíronse pero concentráronse onde máis pescabamos".

Preparan alegacións á normativa do Goberno que vai regular a actividade. Agardan diálogo para darlle certezas ao futuro da pesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar