Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia derruba parte da emblemática muralla da Fortaleza de Valença

A chuvia derruba parte da emblemática muralla da Fortaleza de Valença

Caeu un treito de 50 metros da estrutura, monumento nacional desde 1928

G24.gal 01/01/2023 22:22 Última actualización 02/01/2023 14:25

A chuvia caída durante as últimas horas provoca tamén numerosas incidencias ao outro lado da raia. En Valença derrubouse un treito de 50 metros da muralla da Fortaleza. Nas últimas vinte e catro horas acumuláronse máis de 140 litros por metro cadrado.

O presidente da Cámara Municipal, José Manuel Carpinteira, xa anunciou que vai solicitar axuda ao Goberno luso para a reconstrución. Trátase dunha perda moi importante para o patrimonio cultural do país, xa que a construción está clasificada como monumento nacional desde 1928.

"É moita tristeza para nós. Empezamos o ano moi mal. Está aquí presente o Goberno para darnos o seu apoio. Vamos recuperar esta muralla e reforzar a avaliación dos riscos", di José Manuel Vaz Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença.

Imaxes cedidas por Alto Minho TV

E este non foi o único dano que causou o temporal de chuvia e vento no terzo norte de Portugal. O país veciño comezou o ano en alerta vermella e os equipos de urxencias tiveron que atender máis de 800 incidencias, fundamentalmente inundacións e desprendementos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade