Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sobe o prezo das cervexas de barril, a bebida máis consumida nos bares

Sobe o prezo das cervexas de barril, a bebida máis consumida nos bares

A cervexa de barril sobe un 3 % de media cada ano

Este ano os hostaleiros tamén tiveron que subilas, entre 20 e 30 céntimos por consumición

Malia as subas, a cervexa segue a ser de lonxe a bebida máis consumida nos bares

A cervexa de barril é a bebida máis consumida nos bares
G24.gal 27/02/2024 14:56

O prezo da cervexa de barril increméntase cada ano. Neste 2024 a suba foi de case o 4 % por cento.

"Eu levo dous anos aquí en Santiago e o ano pasado valía como 50 céntimos menos cada cervexa", comenta unha clienta nunha cafetería.

"Si, dende primeiros de ano, xa os clientes nos din que en todos os establecementos xa se subiu o prezo, aquí de momento din que é o único que segue aguantando", apunta Santiago Castro, camareiro.

Non é o único, pero si que é certo que a maioría dos hostaleiros xa subiron os prezos e os que aínda non o fixeron, farano en breve.

"Este ano aínda non se subiu, pero creo que si que hai intencións de que se suba", continúa Santiago.

"Aínda non se subiu, pero estamos a expensas de subilas porque a nós tamén nos subiron o prezo os provedores, soben 10, 20 céntimos a primeiros de ano", conta Antonio Cuevas, tamén camareiro.

 Tamén subiron os produtos para elaborar as tapas coas que acompañan cada consumición.

"O ovo tamén subiu moitísimo, o aceite moitísimo e aquí coa cervexa a 2,80 poñemos un petisco de tortilla con aceite de oliva, a ver, un petisco de calidade e claro ao final ten que notarse no prezo, non?", explica Carlos Suárez, hostaleiro.

En Santiago, en xeral, as cervexas de barril, subiron este ano entre 10 e 20 céntimos.

"Non gañas o que tes que gañar co prezo anterior que había entón igual subímola 10, 20 céntimos", remata Antonio.

Con todo, e malia as subas, a cervexa segue a ser de lonxe a bebida máis consumida nos bares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade