Publicador de contidos

Publicador de contidos

As campioas de Europa reclaman un mundial de fútbol sala

As campioas de Europa reclaman un mundial de fútbol sala

Silvia Aguete, mellor porteira do campionato, e Jenny Lores chegaron a Vigo

G24.gal 05/07/2022 11:46

Comezan a chegar as xogadoras galegas que se proclamaron campioas de Europa de fútbol sala feminino. O triunfo ante Portugal volveu demostrar a importancia que ten este deporte na nosa terra con tres xogadoras cun papel fundamental: Silvia Aguete, como mellor porteira; Ale de Paz, cos seus goles decisivos, e Luci Gómez. Tamén estaba na expedición Jenny Lores, que non entrou na lista da final. 

Silvia Aguete, á súa chegada, valorou para a Televisión de Galicia o que significa este título e reclamou a disputa dun Mundial de fútbol sala feminino, algo que se leva prometendo desde hai anos pero que non acaba de ser unha realidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos