Publicador de contidos

Publicador de contidos

As cabalgatas, no aire en varias cidades galegas

As cabalgatas, no aire en varias cidades galegas

Ourense e A Coruña celebrarán as cabalgatas móbiles, percorrendo as rúas da cidade

En Pontevedra será estática e Betanzos e Cambados xa as suspenderon

G24.gal 29/12/2021 14:27

As últimas en pronunciarse foron Ourense a A Coruña que decidiron manter a cabalgata de Reis móbil, é dicir co tradicional percorrido polas distintas rúas da cidade. A alcaldesa da cidade herculina apela ao sentido común dos cidadáns.

Na maioría dos concellos moven fixa logo das recomendacións dos expertos do comité clínico galego de evitar aglomeracións.

Vigo e Lugo aínda non tomaron unha decisión e Pontevedra fará unha cabalgata estática. Mentres  en concellos como Betanzos ou Cambados xa se suspenderon . En Santiago barallan facela con cita previa e apelan a prudencia. 

Nas últimas horas produciuse un goteo de cancelacións dalgunhas das citas máis tradicionais do Nadal. En Santiago non despedirán o ano na praza do Obradoiro e en Vigo non tomarán as uvas na praza de América. 

As carreiras de San Silvestre están permitidas con máscara, aínda que algunhas vilas tamén as suspenderon.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade