Publicador de contidos

Publicador de contidos

Do incombustible turrón de sempre aos novos sabores singulares de cada Nadal

Do incombustible turrón de sempre aos novos sabores singulares de cada Nadal

Conviven no mercado os clásicos que cada vez se venden máis e os turróns con ingredientes cada vez máis sorprendentes

G24.gal 09/12/2025 21:04 Última actualización 09/12/2025 21:32

Cada Nadal coñecemos máis tipos de turrón, con sabores que poden resultar desconcertantes. Por exemplo, turrón de polbo á feira, de chourizo crioulo ou de améndoas con petazetas. Pero iso non quere dicir que os clásicos estean perdendo folgos, nin moito menos.

Pasa un Nadal, e pasa outro, e outro, e o turrón segue sorprendendo.

"Cada ano imos a máis vendendo turrón", contan dende a charcutería Seco

Segue sorprendendo o turrón polo lado clásico. Téñeno claro nesta tenda de Santiago.

"Nesta tenda o que máis vendemos é o turrón de medio quilo que é unha peza soa. É un pouco por nostalxia daqueles anos atrás, cando se mercaba o turrón groso", explica Ana Seco

E hoxe segue sorprendendo o turrón tamén polo lado innovador. Así nolo contan en Vigo.

"Actualmente andamos polos 257 tipos de turrón. Turrón de polbo á galega, con chourizo crioulo, e máis novidades coma o turrón de cervexa. E este ano tamén fixemos de cócteles", di o mestre turroneiro Antonio José Vega. "E o turrón Choiva, de formato individual, que se come coma un bombón" 

"A nós xa nos veñen directos a buscar polo turrón de medio quilo, e deste tipo de turrón galego tamén se vende dabondo", contrasta Ana Seco 

Unha cousa é, ano tras ano, indiscutible.

"Séguense vendendo os turróns de sempre"

"Os clásicos véndense sós"

Dunha forma ou doutra, pero sempre turrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade