As axencias que organizan viaxes á Palma, desbordadas polas reservas
Ata 800 viaxeiros á semana se achegan ao miradoiro de Tajuya
Fórmase a primeira praia no delta creado pola erupción do volcán

O volcán é un reclamo turístico que está atraendo centos de visitantes á Palma, de España e de todo o mundo. Ata 800 viaxeiros á semana se achegan ao miradoiro de Tajuya.
As axencias que organizan estas visitas a poucos quilómetros do Cumbre Vieja doan parte dos beneficios para contribuír á recuperación da illa.
Xa se viu na ponte de Santos, A Palma foi un dos destinos preferidos dentro do turismo nacional e internacional.
Como as emisións de cinza dificultan as viaxes en avión algúns días, os turistas móvense en transbordador desde Tenerife. As reservas adoitan ser a curto prazo, basicamente para ver o volcán e volver.
Moitos aproveitan a visita para coñecer unha das illas máis descoñecidas e máis verdes do arquipélago canario.
O turismo é a única opción que ten a illa nestes momentos para reactivar a súa economía, arrasada polo volcán.