Cargando resultados...
Fórmase a primeira praia no delta do volcán da Palma
Foi a única coada que alcanzou o mar e, segundo a última medición, ocupa unhas corenta hectáreas

G24.gal
05/11/2021 08:14
Aumenta o litoral da Illa Bonita cunha lingua de area negra da que aínda saen pequenas fumarolas. Científicos do CSIC captaron a primeira praia de area negra formada a carón da illa baixa. No futuro, será un dos grandes atractivos turísticos.
Esa foi a única coada que alcanzou o mar e, segundo a última medición, ocupa unhas corenta hectáreas.
O volcán xa está sendo un forte reclamo de visitantes. Hai un aluvión de turistas na Palma atraídos pola espectacularidade dun desastre natural que xa leva arrasadas case mil hectáreas de terreo. As axencias están desbordadas, e o peor prevese para a ponte de decembro,