Cargando resultados...
A Arxentina sofre unha vaga de calor extrema con máximas de 40 graos
Polo menos 100.000 persoas sofren cortes de luz na capital pola demanda de enerxía
G24.gal
16/01/2022 12:42
As noites e os amenceres son xélidos en Galicia, mentres na coñecida como a quinta provincia pasan máis calor ca nunca.
O clima cálido e seco, causado polo patrón climático "A Nena", converteu a Arxentina nun dos lugares coas temperaturas máis altas nestes momentos.
Na capital, polo menos 100.000 persoas sofren cortes de luz. A alta demanda de enerxía pola vaga de calor extrema colapsou o sistema.
Os termómetros chegaron aos 40 graos centígrados e as mínimas non baixan dos 24, segundo informa o Servizo Meteorolóxico Nacional (SMN).
A comunidade galega que reside en Bos Aires asegura que non lembra unha situación semellante.