Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arrecian as queixas polo mal estado da N-540 que une Lugo con Ourense

Arrecian as queixas polo mal estado da N-540 que une Lugo con Ourense

Un dos peores tramos é o que vai da cidade ao alto do Picato, son dezaseis quilómetros cheos de fochancas

Nin os máis habilidosos ao volante son capaces de sortear as numerosas fochancas que converten a estrada en intransitable e perigosa
 

G24.gal 02/02/2026 13:45

Fochanca tras fochanca, remendo tras remendo. Circular pola N-540 entre Lugo e o alto do Picato é toda unha carreira de obstáculos.

"A estrada está feita un desastre, non amañan as fochancas, todos os días hai accidentes"; di unha muller, e outro home engade: "É totalmente intransitable, os buratos van a máis e o tempo non axuda, está totalmente abandonada".

A vía é intransitable e perigosa. Leva dous anos en obras. Reparan nun lado e estrágase no outro, as zonas que se parchearon recentemente xa están rebentadas. 

"Co que choveu, moi mal, porque non ves as fochancas, é un perigo podes ter un accidente, da moita vergoña", di unha muller. Un mozo que leva un camión de repartimento asegura que "a mercadoría pode caer, e é un problema".

A chuvia tampouco axuda, nin os máis habilidosos ao volante conseguen esquivalas fochancas.

"So os esquivas se invades o carril contrario, e é un problema", di un condutor.
 

Os que a usan a diario deixan alí as rodas e os amortecedores.

"O outro día unha rapaza deixou unha roda, o coche parado no medio da estrada, un perigo", comenta unha veciña.
 

A vía pide outra reparación urxente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade