Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños afectados polas riadas do Sar en Padrón urxen solucións

Os veciños afectados polas riadas do Sar en Padrón urxen solucións

Ano tras ano, a auga entra nas casas de Lamas en Estramundi

A veciñanza síntese impotente porque aseguran que as súas reivindicacións non son atendidas

G24.gal 29/01/2026 14:18

"Todos os anos hai que poñer isto e aínda así o ano pasado entrou!, di unha veciña diante da porta que ten protexida da auga cun taboleiro.

Parece que o peor pasou pero Marga mantén un ollo posto no ceo e outro no río Sar. Con certa resignación relata o vivido na última riada esta semana. Estamos en Lamas, no lugar de Estramundi, en Padrón. 

"Pasámolo fatal porque chegou alí e aquí a espera. Estamos pendentes de se sae ou non, porque aquí ninguén se presenta para nada. Todos os anos pasa pero é que non dan solución", relata.

Avanzando só uns metros cara ao río e abren a porta dunha casa onde intentan hoxe volver á normalidade despois da inundación vivida o luns. A impotencia é común na veciñanza que reclama solucións a unha situación que viven todos os invernos. A mesmo sucede en Agronovo e Cambelas.

"O luns sobre todo que pola noite chegou ata aquí a auga. Cando vin pola mañá aínda puiden entrar na casa, pero na de turismo rural estaba inundada", comenta unha muller.

"Normalmente tamén é porque non limpan nin deixan limpar e despois a auga ten que saír por algún lado", di unha veciña.

Ante o temor de que volva chover, os veciños manteñen as barreiras de contención coas que protexen as súas propiedades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade